Medidas serias contra o lume

Medidas serias contra o lume

05 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A adopción de medidas serias sobre o lume non a pode emprender un só partido político. Precisa dun pacto de pais e darse un prazo de 25 anos para que algún resultado puidese ser apreciado. Afirmao así o biólogo Xabier Vázquez Pumariño nun artigo arredor do incendio das fragas do Eume, publicado no último número da revista “Tempos Novos”.

Xabier Vázquez apunta á existencia dunha grande cantidade de material combustible no monte, como consecuencia do abandono do medio rural. Defende a necesidade de repoboar o campo, de labregos que manteñan as actividades agrícolas e gandeiras. O biólogo propón a dignificación da profesión de labrego, dunha agricultura e gandería ecolóxicas que poida vender os  produtos a prezos dignos en mercados de proximidade. Afirma que á luz do esgotamento do petroleo, iso vai ser así en calquera caso, queirámolo ou non. Xabier Vazquez Pumariño indica que para evitar lumes como o producido hai varias semanas nas fragas do Eume, é máis importante o prezo do leite que a política forestal.

Sociedade