Medio Rural aumenta nun 2,3% o seu orzamento para a limpeza de camiños rurais en Lugo

Medio Rural aumenta nun 2,3% o seu orzamento para a limpeza de camiños rurais en Lugo

23 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Consellería de Medio Rural afrontará a limpeza dos camiños rurais de titularidade municipal cun aumento dun 2,3% no seu orzamento, segundo recordou a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. Para a representante autonómica en Lugo “está previsto que se supere o número de hectáreas que foron tratadas durante o pasado exercicio ao abeiro deste programa de axudas”, que se desenvolve a través de convenios entre o Executivo galego e os con

Os datos de Medio Rural, “sinalan que as cifras, especialmente as relativas á superficie que finalmente poida ser atendida, están axustadas á capacidade real de execución dos concellos, segundo se demostrou nos exercicios anteriores”.  En todo caso, engadiu Arias, “esta liña de subvencións é un complemento das actuacións que Medio Rural leva a cabo durante todo o ano, con orzamentos millonarios, no marco da limpeza de montes e prevención de incendios”.

 

No marco do programa de ordenación de explotacións forestais, Arias tamén informou de que se adxudicaron o pasado mes de xaneiro sete contratos de aplicación de tratamentos silvícolas, que suman “un investimento de 1.410.000 euros e que se desenvolverán nos próximos meses en preto dun millar de hectáreas de montes de 19 concellos lucenses”, asegurou Arias. Este tipo de contratos adxudícanse con regularidade, para dar cobertura a todas as zonas da provincia.

 

Para concluír, Arias subliñou que as brigadas de Medio Rural aproveitan esta época de menor incidencia de lumes para realizar tarefas de limpeza arredor dos núcleos de poboación como medio para prever a extensión de incendios en zonas habitadas.

Sociedade