Medra o número de incendios polo aumento de actuacións incendiarias delictivas

Medra o número de incendios polo aumento de actuacións incendiarias delictivas

16 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Ante a proliferación dos lumes, a Xunta pide axuda aos corpos do Estado, non só nas tarefas de extinción senón para as labores de detención dos incendiarios. Medio Rural vén de activar o nivel 2 de alerta en ­dous distritos da provincia da Coruña (Barbanza e Fisterra - Costa da Morte). Paso previo para solicitar maior presenza dos efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) nestas zonas. Esta medida adóptase ante o aumento da intensidade do v

Desde Medio Rural sinálase que este incremento indica un “aumento da actividade incendiaria delituosa”, que na noite do xoves ao venres causou a morte de dous membros dunha brigada antiincendios debido a un lume provocado en Fornelos de Montes (Pontevedra). A Xunta confía que esta presenza militar exerza un efecto disuasorio contra os delincuentes que ano tras ano prenden lume nos nosos montes.

Concentración:
 
Este mediodía celebrouse diante da sede da Xunta de Pontevedra unha concentración pola morte, o pasado venres, dos dous brigadistas finados  nos labores de extinción do incendio en Fornelos de Montes. Unha manifestación convocada polos sindicatos CCOO, UXT, CIG e CSI-CSIF en homenaxe e solidariedade cos dous profesionais falecidos e as súas familias. Asemade demandan o esclarecemento dos feitos nos que perderon a vida os dous homes. A xunta enviará hoxe o resultado do seu informe sobre este sinistro ao xulgado número 2 de Redondela.

Sociedade