Melloría pero necesita medicación

Melloría pero necesita medicación
18 de Febreiro, 2019 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

A saúde do Maniños mellora pero necesita ainda medicación. Vai recuperando xogadores, disputa partidos equilibrados e compite con equipos da zona alta da clasificación. Fáltalle sumar puntos para sair da zona de descenso. “Foi un partido equilibrado, igualado pero eles están nunha dinámica positiva. Nos primeiros sesenta minutos o noso porteiro Abraham non fixo ningunha parada, e no 65 aproveitan un erro e meten o gol” salienta o adestrador do Maniños Pablo Mesa.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños. Primeira Galicia de fútbol

Na Primeira Galicia de fútbol, Maniños 0-1 Narón. “Seguimos facendo bós adestramentos e o partido foi igualado e equilibrado” afirma Mesa. A próxima semana, o equipo do Pote visitará ao Carral. Alí agárdalle outro equipazo.

Deportes

Publica o teu comentario agora