Mellor comunicación

Mellor comunicación
11 de Novembro, 2020 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Cabanas, a través da área de turismo, vén de concluír os traballos de mellora da senda que percorre a costa do municipio, desde a Praia da Madalena até Río Castro, pasando polo areal de Chamoso. No concreto, as actuacións levadas a cabo nas últimas semanas serviron para amañar a escaleira que ascende desde a praia da Madalena, instalar unha varanda na escaleira que baixa cara a praia de Chamoso, consolidar e ensanchar varios treitos de camiño e instalar varandas de protección. Tamén foi instalada sinalización de seguimento do percorrido e paneis de situación nos tres areais.

Sendeiro peonil entre a praia da Madalena e Río Castro. Cabanas

“Os traballos realizados eran urxentes e imprescindíbeis para mellorar a seguridade nunha das sendas máis percorridas do noso concello, e que estaba gravemente afectada pola erosión costeira”, sinalou o tenente alcalde e concelleiro da área de turismo,  Iago Varela. O concelleiro tamén puxo en valor a nova sinalización turística instalada no percorrido que “facilita o acceso á información da ruta desde terminais móbiles grazas ao uso de códigos QR”.

 

Estas actuacións supuxeron un investimento de 43.628,97 €, e foron financiadas a través dun convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galiza, cunha aportación e o Concello de Cabanas.

Institucional

Publica o teu comentario agora