Mellor de mutuo acordo

Mellor de mutuo acordo
23 de Setembro, 2023 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

A rotura dunha parella sempre é un mal trago. Unha situación dolorosa que convén enfrontar estando ben asesorado. Para saber máis dos pasos que se deben dar consultamos dúbidas coa avogada María Álvarez Real

ESCOITA O PODCAST:

Aínda que a parella non estea de acordo é posible divorciarse. É o que chaman divorcio contencioso. No que intervén o xuíz “e nunca vai negar a opción”, destaca a letrada. Pero non é preciso que interveña un xuíz para divorciarse. De feito, o divorcio de mutuo acordo é o que recomendan os especialistas. O máis rápido e barato. Asegurou en Radio Fene María Álvarez.”Cousa distinta é cando hai fillos e é necesario fixar o réxime de visitas, ou se hai propiedades que partir”. Aconsella, en todo caso, poñerse en contacto cun avogado, a ser posible especialista en dereito de familia. E advirte do risco de buscar solucións na internet. “Non so polas estafas, tamén porque poden ser despachos doutros países que igual non teñen en conta a normativa española actualizada”. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora