Mellores do mundo

Mellores do mundo
03 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Orgullosas de levar Galicia e Fene polo mundo adiante”. Pagou a pena o esforzo que dedican ao baile. Ferrolterra destacou no Campionato do mundo de baile deportivo celebrado en Cambrils (Cataluña). As mozas de Revolution UPA da academia Un Paso Adelante lograron o campionato na categoría junior. O grupo Narón Kids do Club de Baile Deportivo gañou o título de danza coreográfica na categoria absoluta. E o grupo Dance Narón chegou ás semifinais. 

ESCOITA O PODCAST:

Claudia Paredes, María Prieto e Alba Romero forman parte do equipo Revolution UPA. Volveron a Fene “moi felices”, elas e as súas familias, coa medalla conquistada en Cambrils, que as acredita como campioas do mundo na categoía junior. “Un éxito total” para estas mozas que levan prácticamente toda a súa vida dedicadas ao baile. “É o deporte das nosas vidas”, asegura Claudia. As tres compatibilizan baile con estudos, con éxito nas dúas actividades. “Adestramos catro días á semana, máis trainins as fins de semana e clases aparte”, detalla Alba. “Todo traballo ten a súa recompensa e está reflexado neste título”, afirma María. 

Deportes

Publica o teu comentario agora