Membros do colectivo arbitral posiciónanse en contra das medidas contra os arbitros-entrenadores que promove AFACO

Membros do colectivo arbitral posiciónanse en contra das medidas contra os arbitros-entrenadores que promove AFACO

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Membros do colectivo arbitral de Ferrol amosaron a esta redacción a súa preocupación polos datos facilitados na noticia “non se pode estar en misa e repicando”que publicamos onte nesta páxina e que emitimos no programa radiofónico “A Bancada”. Estes arbitros reiteran o seu convencemento na “compatibilidade” da medida e a súa legalidade dentro da normativa da Federación. Argumentan que se pode entrenar unha categoría

A Asociación de Clubs de Ferrolterra acordou, na última das súas reunións, elaborar un escrito dirixido á Federación Galega de Fútbol coa intención de “solucionar” este problema de arbitrar e entrenar na mesma delegación territorial. Os clubs consideran que esta práctica non é etica. A inquedanza dos clubs xa se manifestou en primavera en varias reunións e acordouse enviar o tema á Asamblea da Federación. A reunión federativa do 18 de xullo non tratou o tema porque AFACO, despoís de asesorarse xuridicamente, comprobou que non hai normativa que regule isto, polo tanto hai que creala. Dada a “lagoa” legal sobre o tema, AFACO espera que a propia Federación Galega xunto co Comité Técnico de Arbitros tomen cartas no asunto e solucionen o problema a través dunha circular. De todas formas consideran pouco ético a figura do arbitro-entrenador na mesma demarcación.

Deportes