+ Memoria

Poñense a andar os obradoiros de memoria en Maniños, Limodre e San Valentín
02 de Outubro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arrancan os obradoiros +Memoria en Fene. Impulsados pola Concellería de Benestar Social de Fene en colaboración co tecido asociativo, celebraranse na AVV Limodre, ACDR O Pote de Maniños e CPS de San Valentín coa participación de 40 veciños e veciñas.

ESCOITA O PODCAST:

Un total de 40 persoas tomarán parte dende esta semana nos obradoiros “+Memoria” que impulsa a Concellería de Benestar Social que dirixe Tamara Miragaya, en colaboración co tecido asociativo. Os talleres desenvolveranse no local social da AVV Limodre (os luns de 18 a 19 horas); CPS de San Valentín (martes de 16,45 a 18,15 horas), e ACDR O Pote de Maniños (mércores de 18,30 a 20 horas).

Os obradoiros son gratuítos e diríxense a persoas maiores de 55 anos. Inclúense no proxecto Envellecemento Activo e buscan manter activa a mente e mellorar a memoria das persoas participantes con esquecementos cotiás, mediante dinámicas de ocio e grupais. (Na imaxe, o grupo de Limodre).

Sociedade

Publica o teu comentario agora