A Memoria dos oficios do mar

A Memoria dos oficios do mar

13 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O Concello de Burela editou o libro  Memorias do  oficio do  mar cunha tirada de 1000 exemplares. O libro leva acompañado un documental en dvd con testemuñas de viva voz dos protagonistas. A obra repartiuse de forma gratuita o día da presentación e ademais vaise depositar nos centros educativos e a biblioteca municipal. Trátase dunha obra que recolle a historia do mundo do mar en Burela, dende principios do século XX ata a ac

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, a concelleira do Mar, Remedios López e a historiadora e autora, Olga Suárez foron os encargados de presentar en sociedade o libro "Memoria dos oficios do mar". Unha obra que se vai distribuir de forma gratuita entre os veciños de Burela e os centros de interese e que é unha retrospectiva do mundo do mar na vila mariñá. O libro vai acompañado dun dvd coas historias e anécdotas contadas de viva voz por mariñeiros, armadores, comerciantes e toda a xente que ten o mar como forma de vida.
Remedios López destacou que “este traballo de investigación é un obradoiro da memoria de Burela, con testemuñas directas do inicio, desenrolo e crecemento da economía marítima. A intención foi plasmar en material impreso e audiovisual, recordos que están aletargados na memoria colectivo e que vinculan o concello de Burela co mar, a través de entrevistas a persoeiros relevantes da vida municipal. Dáse a coñecer tamén a súa visión da historia recente de Burela e recopiláronse vivencias marítimas cos xubilados do mar e as súas familias”.
A edil socialista engadiu que “trátanse temas coma a evolución dos distintos tipos de pesca, o crecemento do peirao, o asentamento das empresas a carón do noso porto, actividades todas que axudaron a fortalecer a nosa economía. A Feira do Bonito, a Galerna, Expomar, o conflito das volantas …ou simplemente a evolución e as melloras que se fixeron nos barcos, amosando o seu periplo polo tempo, pasando de chalanas, barcos a vapor ata os actuais buques de ferro coas últimas tecnoloxías electrónicas. Un estudio dende a Burela de 1900 ata os días de hoxe, cos cambios que sofreu en mans de 17 presidentes do pósito e patróns maiores da cofraría. Datos históricos de cousas que non aparecen mais que na memoria dos propios protagonistas como o forno de tinxir as redes, recollida da alga, a 1º estación costeira radiotelefónica, proxecto de 90 vivendas para pescadores de Burela, fábrica do xeo…”.

Sociedade