A memoria galega e a fotografía no Día Mundial dos Arquivos

A memoria galega e a fotografía no Día Mundial dos Arquivos

09 de Xuño, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Arquivo da Deputación da Coruña súmase hoxe, 9 de xuño, aos actos de conmemoración do Día Internacional dos Arquivos coa inauguración dunha exposición virtual da colección de fotografías e postais de Manuel Puga Pequeño. O Arquivo da Deputación constitúese ao mesmo tempo que a propia institución, en 1822. En 1888 produciuse o nomeamento de Bernardo Barreiro Vázquez como arquiveiro-bibliotecario, q

Exposición:

Puga Pequeño, gran viaxeiro e coleccionista, chegou a reunir preto dun milleiro de fotografías e postais da provincia da Coruña nunha colección que foi despois adquirida pola Deputación da Coruña. A súa riqueza visual e histórica axuda a conformar un minucioso relato gráfico da evolución de distintas vilas e cidades coruñesas ao longo do século XX.

Agora, unha pequena parte desas instantáneas pódense ver nesta exposición virtual e no catálogo en liña da páxina web do Arquivo da Deputación na que se mostra cómo eran a Torre de Hércules, o Castelo de Santa Cruz de Oleiros, o parque do Pasatempo de Betanzos, a Ría do Burgo, ou o porto da Pobra do Caramiñal a principios do pasado século.

Sociedade