Menús turísticos Ferrol - Ortegal, o bó da terra e do mar de Galicia

Menús turísticos Ferrol - Ortegal, o bó da terra e do mar de Galicia

24 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os menús turísticos Ferrol Ortegal presentan unha relación calidade prezo óptima, segundo se puxo de manifesto esta mañá no acto de presentación deste produto na Galeria Sargadelos de Ferrol. 23 restaurantes de toda a comarca ofrecen o menú Artabro, o da terra e o de tapas, con prezos que oscilan entre os 15 e os 40 euros.

No folleto editado polo Plan de Dinamización Turística incluense os datos de cada restaurante, horarios, enderezo, teléfono e tamén unha descrición do establecemento e do tipo de menú que ofrece. Trátase da segunda edición desta iniciativa e representa un salto cualitativo xa que se sumaron máis restaurantes da práctica totalidade da comarca. A potenciación do turismo logrará a criación de emprego, a xeneración de riqueza. Para o representante de Hostelería na Cámara de Comercio Antonio Cendán, é necesario buscar novas fórmulas de atracción do turismo.

Os menús turísticos elaboranse con produtos da zona, pero con flexibilidade para adaptarse ás características de cada restaurante. Con esta iniciativa preténdese atraer visitantes dende o resto de Galicia, Asturias e o Norde de Portugal. Todo coa idea de desestacionalizar o turismo, segundo o representante da asociación de hostelería Xose Carlos López Pereira.

Os produtos de Ferrol – Ortegal presentaránse o vindeiro ano no Forum Gastronómico de Girona. Ademáis traballáse na organización de actos en Madrid ou Barcelona, indicou o vicepresidente da Deputación Pablo Villamar. 1900 establecementos de hostelería abren as súas portas en Ferrol e Ortegal. Iniciativas como a dos menús pretenden dinamizar o sector aumentando o número de visitantes da comarca ao longo de todo o ano.

Sociedade