As Meninas de Canido siguen adiante.

As Meninas de Canido siguen adiante.

04 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"As Meninas siguen adiante" afirma o seu mentor, o artista de Canido- Ferrol-  Eduardo Hermida. Despois de todas as mensaxes de apoio recibidas, uns 200 contactos, decidiu pagar  do seu peto os materiais que se podan necesitar para levar a cabo a edición das Meninas deste ano 2013. A data xa está decidida para o 7 e 8 de setembro e será a cuarta edición porque o ano pasado non se levou a cabo.

A nova edición incrementará a creatividade a sumar ás 180 meninas xa pintadas nas ruas e casas do barrio ferrolán.
O seu grupo musical " Os fabulosos cubatas" dispoñen dun pequeno equipo de son  que poderán utilizar para amplificar o son dos voluntarios que queiran musicalizar o evento. Ao longo da próxima semana tentarán conseguir a colaboración dos establecementos hostaleiros do barrio para que non falte un prato de callos que dea forzas a todos os artistas que queiran participar. Toda a xente relacionada coa arte que desexen participar desta nova edición, poetas , músicos , pintores , etc ...serán benvidos, se deciden participar e encher de cor este día.

Sociedade