As Meninas máis grandes

30 novas intervencións este ano en Canido
07 de Setembro, 2020 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

As Meninas de Canido se superan nesta edición de 2020 marcada pola crise sanitaria.

As Meninas de Canido medran cada ano que pasa. Neste 2020, foron 30 obras as realizadas por 40 artistas nos muros do barrio ferrolán. Nunca se pintaran uns murais tan grandes e é que o barrio vaise esturando e permitindo na súa zona máis nova execuciíns de gran tamaño. A máis grande foi a intervención de Sfhir nun edificio de oito pisos. Os artistas coas mans na masa foron o gran atractivo desta edición que evitou calquer outro entretenemento musical ou doutro tipo para evitar aglomeracións de xente.

O bo tempo acompañou ao público que entre o venres e o domingo visitou ordenadamente o barrio movido por este atractivo artístico, entre eles o alcalde, Angel Mato, como anfitrión da ministra Darias que se encontraba na cidade esta fin de semana. Unha das obras realizadas nesta edición refírese á Covid19, está firmada por Katy e dedicada ao personal médico. Nun posto de venda ofrecíanse máscaras con deseños artísticos de pintores participantes no evento.

Se aínda non visitaron as Meninas, non importa, aí seguirán todo o ano para ser visitadas.

(Na imaxe, a Menina pintada nun lateral do IES de Canido)

Cultura

Publica o teu comentario agora