As Meninas volven a Canido en setembro

As Meninas volven a Canido en setembro

05 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arte na rúa 2010. Xa hai data para As Meninas de Canido que se celebrarán o sábado 4 de setembro. Anunciase un evento de pintura, música, danza e fotografía. Máis de 35 artistas e escritores confirmaron a súa participación na iniciativa promovida polo pintor e músico Eduardo Hermida.

A iniciativa das Meninas naceu no barrio ferrolán de Canido no ano 2008. O pintor coruñés Jorge Cabezas pintara un mural denunciando o abandono desta zona de Ferrol, inspirandose no cadro de Velázquez. Un veciño borrou a brochazos o artístico mural, o que xenerou a reacción de artistas de toda a península que se trasladaron a Canido para pintar versións da histórica obra de arte. Todo foi en aumento como unha bola de neve.

Cultura