Mensaxes que non calan

Mensaxes que non calan
15 de Abril, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“As mensaxes non calan”. Opina o psicólogo José Barcia sobre o fracaso das estratexias da administración para mellorar o estilo de vida da cidadanía. Se facemos unha enquisa, a maioría responde que non teñen tempo.

 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Vivimos cabalgando sobre o estres”. A cuestión é en que priorizamos o tempo, apunta o Barcia Tucelli, que defende a importancia de non desatender ás persoas que si mostran interese en cambiar os seus hábitos de vida, en facer exercicio, coidar alimentación e descanso. O primeiro felicitalos porque “están xa en proceso de cambio”, subliña o psicólogo. “Permitamos que cheguen a nós as boas noticias, informémonos ben para axustar as nosas expectativas e recoñezamos cada pequeno paso que damos”, recomenda.

 

Imaxe: Memorial Adolfo Ros. Volta á ria.

Fotografía Xan Xe

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora