Merca in Fene

Merca in Fene

15 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación de Comercio “O Cruceiro” coa colaboración do Concello de Fene e o patrocinio da Diputación organiza para mañá domingo IV Feira Multisectorial Merca in Fene “OUTLET”. Celebraráse en Perlío este domingo. A ubicación vai cambiando cada ano pero non sae da zona máis urbana e comercial, segundo o directivo do Cruceiro, Guillermo Lago.
Comerciantes e hosteleiros danse a man nesta cita xa que os bares aso

A feira celebraráse durante todo o día en horario de 10 da maña ata as 9 da noite. Ten por finalidade a promoción
do comercio local, e dar a posibilidade aos comerciantes de por en venta productos de fin de tempada mantendo a calidade pero a baixo custe. Haberá agasallos para todos aqueles que merquen na feira, sorteo de 300€ en vales regalo. Procederáse tamén á  entrega de Premios dos sorteos do concurso de Tapas de Fene 2012 e premios do concurso de Tapas 2011.

Proxectaráse no Círculo de Perlío a película galega (entrada libre) “Los muertos van de prisa”. Os establecementos de hostelería de Perlío tamén preparan para mañá domingo promocións especiais. Cuarta Feira Multisectorial Merca In Fene. Mañá domingo na pista polideportiva do Casino de Perlío.

Sociedade