Merca in Fene, este domingo

Merca in Fene, este domingo

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación de comerciantes e hostelerios "O Cruceiro" de Fene organiza o primeiro MercaInFene. Trátase dunha feira oulet na que participarán máis de vinte comerciantes e na que os visitantes poderán mercar produtos a prezos moi especiais.

Calzado, textil, artesanía e mesmo alimentación serán os sectores que se darán cita nesta primeira feira o domingo dia 13, coincidindo co feirón da parroquia.
A praza do Perla de Perlío acollerá un total de 20 negocios. 
 Os asistentes recibirán un agasallo ao sair da feira e tamén participarán nun sorteo de vales de compra entre outros agasallos, que se celebrará ás 9 da noite. Este primeiro Merca In Fene, organizado pola Asociación O Cruceiro, conta coa subvención do concello de Fene e coa colaboración da Deputación da Coruña. Lembramos a cita, este domingo desde as 11 da mañá ata as 9 da noite a feira Outlet abrirá ininterrompidamente na Praza do Perla de Perlío, en Fene.  

Sociedade