Merca in Fene supérase

Merca in Fene supérase

07 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A feira outlet “Merca in Fene” complétase con numerosas actividades nesta terceira edición, a maiores da compra nos máis de 20 postos que se agardan. Xantar, musica, caricaturas, inchables ... completan a oferta este domingo 11 de setembro. Os postos abrirán ás 10 da mañá e pecharán ás 9 da noite, con grandes descontos nos artigos e presentandonos outros da nova temporada.

O comercio fenés estará ben representado. Anque a maioría son do ramo do textil, haberá postos de alimentación, electrónica e outros. Só a presencia na feira xa é unha tarxeta de presentación independentemente do volume de venda que acaden ao final, segundo declaraba esta mañá en Radio Fene, o presidente da Asociación O Cruceiro, José Villares.

A Asociación O Cruceiro pretende seguir incrementando cada ano o número de socios. Dos 20 que comezaron no ano 2008 chegaron a 110 na actualidade. porque cantos máis sexan máis iniciativas poden levar a cabo, segundo Villares.

Merca in Fene acobíllase baixo unha carpa na Praza do concello fenés. A pretensión é rotar a feira entre as parroquias máis populosas de Fene: Perlío, onde se celebróu a primeira edición; Fene a 2ª e 3ª e San valentín, onde se baralla celebrar a do ano que ven, probablemente xunto coa de Artesanía que celebra a Asociación O Tadetas.

Moito movemento agardan este domingo durante todo o día no outlet fenés, a tenor da concurrencia de público nas anteriores edicións. Os postos abrirán ás 10 da mañá e pecharán ás 9 da noite, con grandes descontos nos artigos e presentandonos outros da nova temporada.
Pechada a feira, O Cruceiro pensa xa na campaña de Nadal que chegrá a Fene con promocións e descontos.

Sociedade