Mercabetanzos contará con 35 postos de comerciantes locais

Mercabetanzos contará con 35 postos de comerciantes locais

03 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

35 stands de comerciantes do Concello de Betanzos pertencentes a diferentes sectores (textil, zapatería, óptica, complementos ou perfumería) daranse cita no Mercabetanzos 2009. A IV Edición da feira das oportunidades do comercio de Betanzos celébrase esta fin de semana na Praza irmáns García Naveira.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos organizan esta feira co apoio do concello e da Deputación de A Coruña. Mercabetanzos permitirá a todos os empresarios participantes, vender productos da última tempada con descontos a partir do 50%.

A Praza Irmáns García Naviera baixo unha gran carpa dividida en stands ofrecerá saldos aos seus visitantes durante este sábado e mañá domingo. A feira ábrese ás once da mañá ata as nove da noite ininterrumpidamente.

A organización confía en que Mercabetanzos se convirta nunca actividade dinamizadora de apoio ao pequeño comercio local.

Sociedade