ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cada vez máis, a xente se esta a volcar con temas como a reciclaxe mais hai unha morea de cousas que podemos facer na casa para axudar ao medio ambiente. Actos tan simples como a merca a granel supoñen unha redución notoria na contaminación
Un xesto tan simple como mercar a granel pode supoñer un respiro para o planeta. Principalmente polos envases, os produtos que adoitan vir envoltos ou empaquetados en plástico pódense mercar xa en moitas tendas que son “ecofriendly”.
Aforrar nos envases é só un dos beneficios. A maioría dos comercios que funcionan con venda a granel son locais polo que esta axuda non vai dirixida ao planeta se non tamén aos que, día tras día, axudan a que este se poña en marcha. Este é un dos moitos beneficios que ten, como explica Margarita Rodríguez de Eco 4 Narón.
Dende 4 Eco Narón falan de que eles, como outra tendas, teñen bolsas de papel á disposición dos clientes mais estes tamén poden levar bolsas ou tarteiras da casa para levar os seus produtos. Isto supón un custo nulo tanto para a tenda como para o cliente, pero un gran regalo para o medio ambiente.
Pouco a pouco, pero todos un pouco. Así é como debe funcionar a axuda ao ecosistema. Nos non somos nada sen o planeta e hai moitas formas de axudala con pequenos xestos.
Publica o teu comentario agora