Mercedes Castro: Interésanme as novelas góticas

Mercedes Castro: Interésanme as novelas góticas

13 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Interésanme as novelas góticas, de suspense, de intriga e terror" afirma Mercedes Castro escritora de éxito que presenta a súa segunda novela "Mantis". Teresa Sinde, unha chef de recoñecida sona, protagoniza unha obra que incluie paixón, humor negro e ironía.

A protagonista da súa novela, Teresa, parece unha muller fatal. Logrou a sona e o éxito en diferentes facetas da vida, pero na súa casa está sola, cun feixe de problemas, medos e un pasado máis ou menos misterioso."Mantis" comeza cunha moi elocuente frase: " esto funciona así,tu te dejas ver y ellos se dejan comer". Unha novela clasica e modernísima á vez, que discurre entre un vello caserón ao estilo das casas de Ucha de Ferrol e un restaurante minimalista de moda, os escenarios que arroupan o pasado e o presente da historia. Mellor é escoitar á propia autora na entrevista que podes pinchar aquí.

 

Cultura