Mercedes Queixas: “Manuel María foi sempre quen de vivir no amor á lingua sen ningún tipo de complexos”

Mercedes Queixas: “Manuel María foi sempre quen de vivir no amor á lingua sen ningún tipo de complexos”

16 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Admiro á persoa, a firmeza, o amor sincero por todo o que significa o país”, explica Mercedes Queixas, autora de “Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María”, o volume da Editorial Galaxia que reconstrúe o “poliedro” do homenaxeado no Día das Letras Galegas. A escritora enxalza os valores que o chairego de Outeiro de Rei defendeu “con tot

Neste volume que toma o título dun verso do poema “Carné de identidade” do propio autor, Mercedes Queixas segue o roteiro vital do poeta entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María. Itinerario que, coma un río sempre fértil e vizoso, nace coas raíces na Terra Chá, medra na prolongada formación académica e autodidacta de carácter enciclopédico e multiplica o seu curso nunha escrita extensa e de temática ricaz. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso, a biografía é o testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade.

Cultura