Merecida homenaxe

Xabier Díaz defende a música popular alá por onde vai
08 de Outubro, 2018 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

Xabier Díaz será o Homenaxeado na XXX Xuntanza de Gaiteiros que organiza anualmente a Banda de Gaitas Airiños de Fene.

Pasou por Sillobre Sito Sedes e cantou como os anxos, pero pronto se encherá de novo o baleiro deixado polo cantante dos Satélites coa voz doutro músico. Xabier Díaz será profeta na súa terra e o Homenaxeado na XXX Xuntanza de Gaiteiros que organiza anualmente a Banda de Gaitas Airiños de Fene. Celébrase, como nos últimos anos, na sociedade Agarimo de Sillobre.

A data xa está fixada o 27 deste mes de outubro. Xabier Díaz compaxina a faceta de músico e compositor coa de investigador do noso folklore. Pasou por Xacarandaina, Rumbadeira, Nova Galega de Danza, Berrogüeto e aCadaCanto. Agora o seu proxecto coas Adufeiras do salitre recorre medio mundo. Na XXX Xuntanza contarán coa asistencia de Guadi Galego, Guillerme Fernández, Fernando Barroso e Alfonso Merino. Pecharán as agrupacións da banda fenesa "Xirifeiras, Xerfa e a Banda de gaitas e o homenaxeado. Ana Santiago será a presentadora no evento.

Cultura

Publica o teu comentario agora