Merecidas vacacións

A copa AFACO foi o notable nas notas do Maniños feminino no fin de curso
19 de Xuño, 2019 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños feminino fíxose coa copa AFACO xogada nos Pinares a pasada fin de semana. Unha copa que coroa unha boa tempada para as rapazas do Pote.

ESCOITA O PODCAST:
MANINOSFEM2019

O Maniños alzouse coa copa AFACO do futbol feminino o sabado pasado. Disputouse no campo dos Pinares e as xogadoras do Pote alzaron a copa despois de enfrentarse ao Perlío, As Pontes e Amistade e Meirás. Despois deste último esforzo, as rapazas marcharon de vacacións. Os técnicos, Carlos Gómez e David acabaron a tempada satisfeitos da súa primeira experiencia no futbol feminino, tanto que repetirán gustosos a próxima tempada.

Carlos Gómez confesa que non cambiaría nada deste equipo pero, como se prevé algunha baixa, terán que cubir algun posto. Segura é a baixa da porteira Vane e probablemente a baixa tamén de Su, lesionada desde a metade da temporada pasada. O club mantén algúns contactos pero de momento non hai novidades. De momento toca descanso.

Deportes

Publica o teu comentario agora