Merendas con sabor a mar

Merendas con sabor a mar

10 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O vindeiro luns, 14 de marzo, ábrese o prazo das inscricións das Merendas no Aquarium Finisterrae para o tercer trimestre. Neste último tramo do curso adicaranse á realización de receitas de cociña con peixe recomendado pola campaña europea "Elixe o peixe correcto", liderada en España polo Aquarium Finisterrae.

Da man de cociñeiras especializadas en actividades educativas, os participantes realizarán unha pizza de xarda. Preparán a masa, engadirán ingredientes frescos, enfornarana e despois farán unha degustación. Finalizarán, como é habitual nesta actividade, coa merenda de chocolate con churros. 

As Merendas no Aquarium están pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos. Celébranse todos os sábados do curso escolar ás 17:00 horas. 

Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 189 842. Cada neno debe aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibe un convite para merendar. Ademais, pode invitar a un adulto, que ten entrada gratuíta ao acuario. 

A actividade é completamente gratuíta para os nenos socios da Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias e para os titulares da Tarxeta Vinte.

Sociedade