Mesma potencia musical

Mesma potencia musical
07 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Radio Océano, a banda que encheu os escenarios de rabia e enerxía a finais dos 80, volve a xuntarse coa mesma potencia musical e as mesmas letras cheas de ironía. Falamos con eles no programa Sons de Nós.

ESCOITA O PODCAST:

'Un furioso silencio' é o título do seu novo traballo sobre o que falamos con Xosé Manuel Pereiro, a voz de Radio Océano en Radiofusión. Grazas a unha campaña de crowdfunding, a banda coruñesa conseguiu recadar os fondos necesarios para botar a andar este disco no se que inclúen poemas de Lois Pereiro e referencias á catástrofe social e ecolóxica do Prestige. 'Revisando os danos', 'Serás Eterno', 'Un Aviador Irlandés prevé a súa morte' e 'Un furioso silencio' son as catro cancións que atopamos neste EP.

Na imaxe, Xosé Manuel Pereiro, cantante de Radio Océano.

Fotografía: Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora