Mestre, agrarista e galeguista

Mestre, agrarista e galeguista

06 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O maxisterio, o cooperativismo e o compromiso cívico coa cultura e a sociedade galega, encheron a intensa traxectoria vital de Avelino Pousa Antelo. O vindeiro venres 13 de maio cumprirá 97 anos e ese dia o IES Xulián Magariños de Negreira vaille realizar unha homenaxe ao actual presidente da Fundación Castelao.

O director do Instituto Adelino Pose lembroulle a homenaxe -que xa lle anunciara formalmente no pasado mes de xaneiro- que él volveu aceptar de moi bo grao e moi agradecido, prestandose a colaborar en todo o que fose preciso para a súa organización. Reiterou que lle fai moita ilusión recibir ese agasallo dos nenos, nenas e profesores de Negreira.

Sociedade