Mestres e mestras merecen unha homenaxe

Mestres e mestras merecen unha homenaxe
17 de Xuño, 2020 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

Non haberá festa de despedida no colexio Centieiras de Perlío. As circunstancias obrigan a adiala para setembro. A despedida do curso farase por video-conferencia.

ESCOITA O PODCAST:

“Máis que vacacións, as mestras e mestres merecen unha homenaxe” Así de clara se expresa a directora do colexio público Centieiras de Perlío. Iria González xustifícao na entrega do profesorado do centro que traballou sen horario, en fins de semana, sempre en contacto coas familias, e poñendo en marcha a aula virtual que supuxo unha alternativa acaída e un salto enorme na maneira de ensinar. Non haberá este ano festa de fín de curso como era tradicional neste centro, co xantar campestre de toda a familia educatica  desde alumnado ata os pais e nais. Iria González non quere falar de suspension, senón de pospoñela ao mes de setembro. “Con moita pena despediremos o curso a través de video-conferencia”

A avaliación deste accidentado curso que acaba, realizouse en Centieiras respectando o traballo do 1º e 2º trimestre e sumándolle o traballo realizado desde casa mediante a aula virtual. Sorprendentemente a matricula para o curso 2020-2021 aumentou no centro de Perlío, destacando os 17 alumnos e alumnas que terán en infantile de 4 anos. En total, a matrícula en Centieiras ronda os 180 alumnos e alumnas. Á espera das ordes da Xunta de Galicia, en Centieiras estánse preparando. “Estamos en zafarrancho” explica Iria González para ilustrar que están habilitando canto espazo se poida aproveitar o curso que ven para garantir a distancia de seguridade nas aulas. “Liberamos todos aqueles espazos que servían de almacén por se fan falla”. Ademais o concello acometerá unha reforma para duplicar a superficie do comedor escolar. Tamén se reformarán as aulas de educación infantile de maneira que contarán con catro en vez das tres actuais. “Intentamos estar preparados” sentencia a directora do ceip Centieiras.

Cultura

Publica o teu comentario agora