Metal poético

Metal poético
24 de Xuño, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Dioivo, o dúo de metal extremo fundado en Vigo no ano 2016, ven de publicar un novo álbum titulado ‘Cara os ceios incrementes’. No programa Sons de Nós falamos co seu cantante e guitarrista, Jacobo Mouriño. Aquí podes escoitar a entrevista completa.

 

ESCOITA O PODCAST:

O título do disco procede dun poema da literatura galega. “Se ben na música de Galicia é moi común poñerlle música a obras da literatura galega quizais no metal é moito menos común. A nós foi algo que sempre nos gustou e, aínda que a maioría dos nosos temas teñen letras propias, o feito de recorrer a obras de grandes autores que admirarmos a nivel artístico e ideolóxico é unha maneira de asegurar de que a letra vai molar”, asegura Jacobo Mouriño en Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora