Meteogalicia incorpora un novo radar para mellorar a predición da chuvia

Meteogalicia incorpora un novo radar para mellorar a predición da chuvia

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O vento zoa de novo con forza. Os refachos sopran de compoñente sudoeste e acadarán os 100 qm/h, o que motivou a activación da alerta laranxa. Todo isto sabémolo dende onte grazas a Meteogalicia, o servizo de información meteorolóxica dependente da Consellaría de Medio Ambiente que vai a mellorar a súa capacidade prognosticadora con novos investimentos. O Monte Xesteiras, en Custis, acoll

Os responsables de Meteogalicia están moi satisfeitos co grao de penetración na sociedade galega das súas previsións. No pasado ano rexistráronse 100 millóns de accesos á súa páxina web para consultar o estado da meteoroloxía no noso territorio. Para Vicente Pérez, a cifra supón unha gran satisfacción, pero tamén unha gran responsabilidade, por ser o servizo de referencia. A fiabilidade da información é dun 90 por cento de ‘hit rate’ no caso das precipitacións, e o erro do cálculo da temperatura e menor de 1,5 graos, segundo os datos que manexa Meteogalicia.
Sociedade