Michel Alonso, ilusionado e convencido das posibilidades do Racing de Ferrol

Michel Alonso, ilusionado e convencido das posibilidades do Racing de Ferrol

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Moi ilusionado presentouse esta mañá o novo adestrador do Racing de Ferrol, Michel Alonso. Está convencido das súas posibilidades e do seu equipo.

Este mediodia diante dos medios de comunicación agradeceu ao presidente do club Isidro Silveira a confianza depositada nel. Michel Alonso amosouse ilusionado. O presidente do Racing Isidro Silveira loubou á persoa de Manuel Sánchez Murias. E un gran adestrador e unha gran persoa. Lamentablemente houbo que cesalo polos resultados.

Pouco tempo ten Michel Alonso para preparar o encontro deste sábado diante do Ciudad de Santiago no estadio da Malata. A directiva do club decidiu adiantar o partido para evitar a coincidencia coa xornada das eleccións autonómicas do domingo. O novo adestrador deberá mellorar o xogo do equipo que na actualidade figura a dous puntos dos postos de promoción. Restan 12 partidos da Liga da Segunda División B do fútbol. O primeiro reto preséntase este sábado en Ferrol.
  

Sociedade