Miguel Angel Lago, o máis rápido.

Miguel Angel Lago, o máis rápido.

16 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Miguel Angel Lago gañou o Slalom de Fene celebrado o sabado en Vilar do Colo. A cita organizada pola Escudería Skratch Fene era a última proba do campionato galego que gañou Luis Gil, a pesar de faltar á cita fenesa. Detrás de Lago quedou, Adrián Bouza. A mellor piloto feminina foi Bárbara Sedes. A proba estivo moi reñida porque se bateu o record do Slalom. Segundo Fátima Ameneiro, do Skratch Fene, a competitividade foi intensa e todo sa&

42 pilotos participaron na proba, dando un gran espectáculo, mesmo os oito debutantes. Achegouse público de toda Galicia que encheu o espacio destinado aos espectadores.

O ano que ven, o Slalom de Fene cumpre 10 anos e entre as melloras que se queren incorporar é a instalación dunhas pantallas para que o público poda seguir todo circuito.

Sociedade