Miguel Angel Revilla inaugura en Foz a Festa do Berberecho

Miguel Angel Revilla inaugura en Foz a Festa do Berberecho

15 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O presidente de Cantabria Miguel Angel Revilla acude este sábado a Foz para pronunciar o pregón da VII Festa do Berberecho. Preténdese salientar a unión e amizade existente desde hai anos entre as poboacións de Laredo e Foz. Entre o sábado e o domingo repartiránse 7000 quilos do molusco bivalvo.

Os actos comezarán ás nove da mañá do sábado coa apertura do mercado á beira do porto. Ás doce e media o presidente cántabro lerá o pregón nas instalacións portuarias. Desde a unha abriránse os expositores de Fabimar e da Escola de Hostelería de Foz, onde se poderán degustar diferentes maneiras de preparar o berberecho.

A Tuna de Veterinaria , charangas e agrupacións folclóricas animarán a xornada. Xa o domingo podera probarse a tortilla e a empanada de berberechos nos cincuenta establecementos de hostelería que colaboran coa festa. A animación nas rúas correrá a cargo da charanga de Neda entre as 11,30 e as 14,30.

 

Sociedade