Millán Astray, o da estatua

Millán Astray, o da estatua

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

"Non hai máis que un camiño de salvación: o do espertar dos grandes pobos onde se erguen os seus caudillos, os grandes caudillos da hora presente da vida da humanidade: Mussolini, Hitler, Hiro-Hito, Oliveira Salazar, Francisco Franco Bahamonde" declarou José Millán Astray en 1938. O presidente provincial do PP na Coruña Carlos Negreira calificouno de "coruñés de pro" e defendeu o mantenemento da súa estatua nunha praza c&eacu

Segundo o historiador Paul Preston, José Millán Astray e Terreros foi, quizá, a persoa que máis influencia exerceu na formación moral e ideolóxica de Francisco Franco. Santificado en vida co apodo o glorioso mutilado, a súa contribución ao ideario violento da extrema dereita española foi única, grazas á creación do Terzo de Estranxeiros. Nel institucionalizou e evanxelizou os valores brutais e embrutecedores con que Franco librou e gañou a guerra civil española. Contribuíu ao auxe da fama de Franco nomeándoo o seu segundo xefe e comandante de campo dunha forza pronto celebrada pola súa eficacia e a súa valentía.

Millán interveu tamén no nomeamento do futuro Caudillo como director da Academia Militar Xeneral de Zaragoza, e sen dúbida os seus puntos de vista prevaleceron no tipo de educación militar que Franco inculcou na citada institución. Durante a guerra civil creou e divulgou incansablemente a imaxe de Franco como salvador invencible. Máis concretamente, a súa participación foi de vital importancia nas maquinacións da última semana de setembro mediante as cales Franco ascendeu ao posto de xefe do Estado. Todo isto explica en parte o feito curioso de que Millán foi o único personaxe relevante que tivo a Franco baixo as súas ordes e co que, malia iso, o Caudillo sostivo relacións cordiais; todo o contrario que cos xenerais Sanjurjo e Cabanellas, superiores de Franco en Marruecos, ou de José María Gil-Robles, dirixente da católica e autoritaria CEDA e ministro da Guerra en 1935, quen posteriormente foron branco do resentimento de Franco.

As contradicións na personalidade de Millán se evidencian en que o intrépido fundador da Legión conseguiu conservar a boa vontade do Caudillo porque deixou perfectamente claro que se contentaba con dedicarse a esaxerar unha e outra vez, e do modo máis servil, a posición de Franco.

PRESTON, Paul: Las tres Españas del 36. (1998).Barcelona: Plaza & Janés. 65-98 pp.

Sociedade