Mobilización por Astano o 27 de marzo

Mobilización por Astano o 27 de marzo

03 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Que Zapatero cumpra a sua promesa de renegociar diante da UE o levantamento do veto a Navantia Fene, é a principal idea que move ao colectivo Rumbo 21 a prantexarse a primeira movilización polo estaleiro fenés. Na Galería Sargadelos os membros de Rumbo 21 anunciaron a manifestación para o sabado 27 de marzo

O portavoz de Rumbo 21, Xesús Varela, explica en Radiofusión que o goberno polaco e o sindicato Solidaridad conseguiron que os seus estaleiros volvesen a abrir o 1 de xullo pasado para facer barcos sen ter que devolver as axudas á UE, que sumaban 2000 millóns de euros.

Para Varela é unha cuestión de vontade política. O voceiro de Rumbo 21 non entende que o goberno español dea as costas a Ferrolterra agora, "cando máis o necesitamos".  O vindeiro luns o colectivo reuniráse de novo para ultimar os preparativos da organización da marcha ferrolana do sabado 27 de marzo.

Sociedade