As mobilizacións do Naval continúan o 10 de outubro

As mobilizacións do Naval continúan o 10 de outubro

26 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O calendario de mobilizacións dos traballadores de Navantia Fene e Ferrol, pola negociación do convenio e pola consecución de carga de traballo nos estaleiros, continúará o xoves 10  de outubro. Esta mañá reanudaronse as protestas con 2000 operarios nas ruas de Ferrol que volverán esta tarde á casa do concello onde se celebra pleno municipal. Os operarios de Navantia Fene mantiveron unha asamblea-paro ata o mediodía.

Máis de 2000 traballadores de Navantia manifestaronse esta mañá polas rúas céntricas de Ferrol a onde volverán esta tarde para asistir á sesión plenaria que celebrará a Corporación ferrolá ás 19.00h. Os operarios de Fene celebraron unha asamblea- paro que rematou ao mediodía. Representantes do comité de empresa ferrolán afirmaron esta mañá que a transformación do buque asinado con Fernández Tapias no dia de onte, é algo puntual, que aportará 150.000 horas de traballo, aproximadamente ocupación para 300 empregados durante 3 meses. O presidente do comité de Navantia Fene, Jorge Prieto, engadíu que a nova foi ben acollida, como é lóxico, pero que ven ser "un caramelo á porta dun colexio de mil alumnos".

Os traballadores de Navantia iniciaron esta mañá o novo calendario de mobilizacións, con manifestación pola rúa no caso de Ferrol, mentras que os operarios de Navantia Fene se reuniron nunha asamblea-paro que rematou ás 12,30h. Precisamente o día anterior do inicio das mobilizacións chegaba a nova do contrato coa naviera de Fernández Tapias para a reforma dun buque de apoio ás plataformas petrolíferas e que operará no Golfo de México cun contrato coa petroleira Pemex.

O calendario de mobilizacións do naval, pola negociación do convenio e pola consecución de carga de traballo nos estaleiros, continúa o xoves 10  de outubro. No caso de Navantia Fene, o plantel permanecerá nun peche na factoría ata as 17,00h hora na que sairán á rúa en dirección á sede local do PP.

Sociedade