A mocidade coa lingua

A mocidade coa lingua
09 de Abril, 2019 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A cantautora de Arzúa MJ Përez actuará este xoves no Festival A mocidade coa lingua. O evento cumpre 28 anos coa organización da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística en colaboración co Concello de Ferrol. Celebraráse no Auditorio Municipal.

A mocidade coa lingua. Fene. 2011.

Nesta ocasión son 9 os grupos de centros da comarca de Ferrolterra e como prato forte pechará o festival MJ Pérez. As prazas para o público esgotáronse todas e inclusive algún centro tivo que minguar as súas prazas para poder asistir con menos alumnado do que quería.

 

O festival desenvolverase desde as 10 ata as 13 horas. Destacar a complicación do equipo técnico que durante tres horas terá que artellar os cambios de 10 grupos sobre o mesmo escenario. O evento será gravado en vídeo por "Producciones Cuerda Foja" e cada grupo recibirá un pendrive co arquivo de vídeo da xornada.

Cultura

Publica o teu comentario agora