A Mocidade coa lingua, unha iniciativa interesante

A Mocidade coa lingua, unha iniciativa interesante

11 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Fenéticos, Arredemo, The Chonis, Membrillo Fanegas e Julian Ross foron os grupos musicais protagonistas dunha nova edición do Festival A Mocidade coa Lingua, que concluiu coa actuación dos convidados, o Som do Galpom. O público asistente calificou como interesante a iniciativa.

Segundo o concelleiro de Cultura de Fene Edgar Vigo, malia a súa xuventude -e nalgúns casos inexperiencia- en xeral os grupos do IES de Fene e do CPI A Xunqueira amosaron  un bo nivel nesta nova cita de A Mocidade coa Lingua.

         Amais de pasalo ben, desfrutando da música e do encontro cos amigos, en xeral os rapaces/as que acudiron ao Festival A Mocidade coa Lingua valoraron de xeito positivo a iniciativa no senso de que permite promocionar aos grupos locais á par que se lles anima a cantar en galego.O Festival celebrouse na noite do venres 8 de maio na Praza do Ameneiral en Perlío Fene (A Coruña).

Sociedade