A moda urbana e emerxente no Daisy Market

A moda urbana e emerxente no Daisy Market

20 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A creatividade amásase coas mans. Podería explicarse así a iniciativa Daisy Market que a vindeira fin de semana preséntase en ExpoCoruña, o recinto feiral da Coruña. Trátase do primeiro show room de moda urbana e emerxente.

O Daisy Market pretende reunir nunha única proposta, moda, deseño, xoias, fotografias e música. No recinto feiral da Coruña celebraranse dous concertos. O venres 25 pasarán polo escenario os grupos 6PM, Cora Novoa, Joe Crepúsculo e Cobbles-tone Jazz. O sábado actuarán Lo-fi-fnk, Lidia Damunt, Extraperlo, La Bien Querida, The Wave Pictures e The Rakes. A entrada para visitar o showroom ascende a 3 euros de forma anticipada e 5 en taquilla. Os concertos costarán 10 euros e 15 o mesmo dia. Pódense adquirir as entradas en Caixa Galicia, Fnac, Discos LP, Discos Gong, Disco Precios e Discos Portobello ata o xoves 24 de setembro

Sociedade