Modelo estonio de voto para as persoas embarcadas

Modelo estonio de voto para as persoas embarcadas

20 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O BNG propón o “modelo estonio” para o voto das persoas galegas embarcadas. O  deputado, Daniel Rodas tamén reclamou a revisión do actual modelo de sufraxio ao fin de garantir este dereito. O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas compareceu hoxe ante os medios de comunicación para presentar unha proposición non de lei destinada a reclamar do Goberno español medias urxentes que garantan a participación do voto  dos mariñeiros g

Lembrou o deputado nacionalista que o uso do carné electrónico garante emitir o voto nos procesos electorais, a pesar de atoparse a centos de millas de Galiza e un gran número  de traballadores galegos deben permanecer longas temporadas no mar. O BNG, recalcou leva presentado  iniciativas nos Parlamentos galego e  español destinadas a garantir o voto dos mariñeiros embarcados  sen que o Partido popular amosara “unha mínima vontade” para facilitar este dereito.
Rodas abondou na necesidade de resolver esta cuestión porque a realidade constata “o incumprimento de promesas” e a exclusión dos galegos e galegas embarcados.

A actual regulación, dixo, resulta “insuficiente”, as persoas  embarcadas non poden exercer o voto entre o período de convocatoria das elección e o día da votación ao non atracar o buque, baixo pavillón español, nalgún porto nesas datas.
O modelo estonio resolve, a través de internet, exercer o voto

O nacionalista explicou que o mecanismo sueco, coa colocación de mesas a bordo baixo a responsabilidade do capitán, revolve en grande medida o voto pero o BNG considera que o modelo estonio o garante e facilita. Este modelo, afirmou, permite que a través do carné de identidade electrónico os traballadores e traballadoras embarcados poidan votar.
“Os cidadáns galegos embarcados deben ter garantido este dereito” polo que reclamou a aplicación do modelo estonio para a flota galega de altura, Mariña Mercante e buques baixo pavillón español ou estranxeiro, concluíu.

Sociedade