Modificar hábitos

Modificar hábitos
23 de Maio, 2020 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Exercicio intensivo en pequenas doses pode servir para eliminar graxa. José Barcia fálanos desa proposta no espazo Vilanova de Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:
Andaina de Por máis vida. 2019

Estudos moi recentes demostran que realizar exercicio físico de alta intensidade en bloques de escasos segundos son suficientes para modificar o metabolismo das graxas. Estamos a falar de 160 segundos distribuídos en 8 horas. Estruturaríanse en series de 4 segundos a máxima intensidade con recuperación de 45 segundos. Descubriuse que si se chega a modificar o metabolismo das graxas. Non é este o único estudo, hai diferentes propostas que teñen en común ese binomio máxima intensidade/ breves espazos de tempo. Advirte o licenciado en Ciencias do Deporte, José Barcia que o concepto de intensidade é relativo, segundo as condición físicas de cada persoa. En todo caso, o interesante para os oíntes é que isto nos demostra que con pequenos bloques de traballo físico (pequenos cookies) repetidas ao longo do día, aportarían resultados para beneficio do noso metabolismo. “Isto debe facernos valorar a actividade física cotiá, aparte de que practiquemos algunha actividade deportiva a propósito” afirma Barcia, quen pon como exemplo o hábito de subir escaleiras en lugar de tomar o ascensor.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora