Moi complicado

Moi complicado
30 de Maio, 2023 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

“Moi satisfeito co resultado, como prevíamos foi un partido moi disputado”. Declaracións a Radio Fene o adestrador do Maniños feminino, Juanjo Iñiguez, Cebolo, logo de que o club superara outra proba na fase de ascenso a Segunda División Galega. 3-0 gañoulle ao Eirís da Coruña en partido disputado o domingo, no Pote. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe



“Custounos pero entre todos logramos sacar este partido adiante, que foi moi, moi, moi complicado”, manifestou o técnico. Agradece os consellos de Manel “axudounos a corrixir un par de cousas e grazas a iso logramos este resultado”. Para a vindeira fin de semana novo enfrontamento contra o Eirís, no partido de volta. “Imos á Coruña a intentar gañar, pola miña experiencia se es rácano, acabas pagando”, conclúe.

 

Na imaxe, xogadoras do Maniños en Radio Fene

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora