Moita ilusión

Moita ilusión

11 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con moita ilusión mantiveron esta mañá o primeiro contacto coa terra, os alumnos e alumnas do Centro Ocupacional de Aspaneps (Asociación de Pais e Nais de nenos con problemas psico-sociais). Son persoas con distintas capacidades que manterán e coidarán o xardín e o horto do Colexio Jorge Juan de Perlío. Farán labores de mantemento, limpeza e compostaxe na área verde da escola.

A iniciativa tamén pretende promover a inclusión socio-laboral das persoas usuarias do centro e ao mesmo tempo demandar unha política de benestar social alonxada da beneficencia.

Sociedade