Moita pescada nas lonxas e nas prazas

Moita pescada nas lonxas e nas prazas
14 de Maio, 2019 - 09:03 h. | Publicada por Radio Fene

Moita pescada aparece nestes dias de maio nas lonxas. Na Coruña subastaronse máis de 26.000 quilos e en Cedeira 2.200. O seu prezo máximo chega aos 10 euros na cidade herculina e aos 9 na vila do Ortegal.

Pescada e outros peixes no Mercado da Magdalena en Ferrol

 

A pescada é dos peixes máis prezados dos que nadan nas augas preto de Galicia. Carioca cando é pequena e morde o rabo, pixota cando medra; xa de grande, é a pescada ou merluza para os casteláns. Da familia dos gádidos, é o Merluccius – Merluccius segundo Linneo.

Peixe branco por excelencia, estimado pola carne compacta que despeza en cunchas, con sabor a mar. Ten sona de peixe insípido,  pero ten a vantaxe de coller o sabor do guiso en que se fai, ou doutros alimentos que a acompañen. A do Cantábrico, que ten o lombo negro, capturada con anzol e liña, é dicir, do pincho, é a mellor. “Do mar a pescada, do monte a perdiz” afirma Fausto Galdo no Abecedario das Mantenzas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora