Moita saúde

Moita saúde
17 de Marzo, 2020 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

50 persoas quedaron na estacada por culpa do virus. Tiñan organizado un roteiro por terras de Sillobre para o sabado 21.

ESCOITA O PODCAST:

Todos tivemos que renunciar a cousas que iamos facer na próxima fín. Ceas con amigos, feiras, excursións... A Sociedade Agarimo e a asociación cultural Ferrolterra Antiga tiveron que renunciar á camiñada prevista o sabado 21 de marzoque prepararan con tanto agarimo- nunca mellor dito-  ïan visitar o cemiterio de Sillobre, as mámoas de Marraxón, o cruceiro do Ameneiro, a capela de Santo San Marcos, a Fonte dos Mouros e a igrexa de Santa Mariña. Once quilómetros de percorrido polos rincóns máis suxerentes da parroquia. Medio cento de persoas quedaron emprazadas para cando pase o coronavirus.

Cando será? O presidente de Agarrimo, José Sardiña, di que non é cousa nosa senón da natureza. "Está nas súas mans" afirma. Agarda o dia de poder abrir as portas de Agarimo á veciñanza desta parroquia na que todo o mundo respecta o confinamento. "Todo está tranquilo" declarou Sardiña en Radio Fene, para engadir que só están abertas as panaderías, a farmacia e o estanco. E sinala con mágoa que a igrexa de Santa Mariña está pechada. A maioría dos veciños de Sillobre teñen unha horta á que sair a pasear e a entreterse e iso nestes tempo é unha fortuna, sentencia o presidente de Agarimo que se despide desexando saúde para todos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora