Moitas casas baleiras

Perda de poboación e de emprego causan esta situación
27 de Outubro, 2020 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

Ter 1.870 vivendas baleiras é un lastre para o concello de Fene que se ven arrastrando paralelamente á perda de poboación e á falta de emprego.

ESCOITA O PODCAST:

Vivendas baleiras

Fene ten neste momento 1870 vivendas deshabitadas. Nos últimos 20 anos baixou a poboación de xeito alarmante, de 16.000 que chegou a ter a 12.900 habitantes que ten na actualidade. O número de vivendas baleiras vai en proporción á perda do censo. Aproximadamente unha de cada catro están desahitadas. Afirma o alcalde de Fene que a corrección desta situación pasa inevitablemente pola creación de emprego. Desde 1.987 tanto Fene como a comarca foron en picado. Trigo sabe que a creación de emprego escápase ás competencias municipais aínda que se vaian adoptando medidas que a favorezan. “Crear 500 ou 1000 postos de traballo sería moi significativo” apunta. Recentemente reuníronse alcaldes, comités de Navantia e representantes das auxiliares para ver de reavivar a construción naval.

Situación de Alarma sanitaria

Fene cumprirá coas novas medidas decretadas polo estado de alarma. Agora mesmo son as comunidades autónomas as que deben mover ficha. “Feijoo sigue facendo política máis que mirar pola cidadanía. Cando non tiña competencias pedíaas e agora que as ten fai ao revés” Engade Trigo que “nós temos que seguir as normas do estado de alarma porque os casos da comarca aumentan dun xeito alarmante. Temos que estar preparados para calquera cousa. Trigo pide á veciñanza que intente cumprir as medidas sanitarias. Agora xa temos veciños enfermos ou que estiveron en contacto ca Covid19. O concello está en contacto permanente coa área sanitaria.

Os cemiterios en Defuntos

No cemiterio municipal de Fene xúntanse centos de persoas neses dous dias de Defuntos e Todos os Santos. En Fene son a concellería, a empresa que leva a seguridade e os traballadores do cemiteiro os que deseñaron un plan para regular as visitas que está publi-cado na páxina web municipal.

Institucional

Publica o teu comentario agora