Moitas protestas contra as probas de reválida

Moitas protestas contra as probas de reválida

04 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa na loita contra a LOMCE inicia hoxe a campaña contra as reválidas para que as familias non envíen os seus fillos ou fillas a facer as probas xerais de primaria que desta volta atinxen aos cursos de e . Este serán desenvolveranse concentracións de protesta nas principais cidades e vilas g

As probas de reválida, segundo a Plataforma Galega, resultan unha aberración desde o punto de vista pedagóxico que non teñen en consideración a avaliación continua “que desprezan, o traballo do profesorado, que é quen mellor pode avaliar alumnado, que someten aos rapaces e rapazas  a un calvario e a unha presión innecesaria, co obxectivo de estandarizar e uniformar o sistema educativo e de crear un ranking de centros”, engade Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino.

As concentración desta tarde de mércores será nos seguinte lugares e horarios: Santiago (Praza Roxa ás 18:30 horas)A Coruña (Obelisco ás 19 horas) Lugo (diante do edificio sindical Ronda da Muralla ás 19 horas)Vigo (na Farola de Urzaiz ás 19:30 horas)Carballo (Praza do  Concello ás 20 horas) Ferrol (Praza de Amada García ás 20 horas)Pontevedra (Praza da Peregrina ás 20 horas)Vilagarcía (Praza de Galiza ás 20 horas)Ourense (Xardíns Padre Feixoo de Ourense ás 20 horas)Cee (diante do CEIP Eugenio López ás 20 horas).

Sociedade