Moito ánimo a todo o mundo

Moito ánimo a todo o mundo
17 de Marzo, 2020 - 09:44 h. | Publicada por Radio Fene

A presidenta da AVV de Limodre, Ana Santiago, desde a súa casa envíanos unha ración de ánimo para afrontar esta situación.

ESCOITA O PODCAST:

"Moito ánimo para todo o mundo" envía a través de Radio Fene a predidenta da AVV de Limodre. Desde a súa "casiña" na que pasa a corentena afirma que todo está tranquilo en Limodre e que nesta parroquia unicamente permanece aberto con servizo ao público a farmacia de San Xoán e o supermercado Ardá. O local social, que no último mes tivera unha inusitada actividade entre as actividades do Antroido e o 8 de marzo Dia da Muller, quedou en silencio pasando tamén a corentena. Ana Santiago xa o veu vir e antes de decretarse a situación de alarma, a directiva pechou o local porque lles parecía o máis sensato.

Todo o mundo en Limodre está cumprindo as normas establecidas nesta crise singular. Segundo parece, non hai xente de fora que se achegara a esta parroquia onde sobretodo madrileños pasan as vacacións. "A ver si somos capaces de sair desta. Seguro que si" Con esta frase de Ana Santiago quedamos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora