Moito entusiasmo

Moito entusiasmo
07 de Maio, 2024 - 10:25 h. | Publicada por Radio Fene

Se queres, podes. Podería ser o lema de Amlenne, nome artístico de Lorena Teijeiro, unha moza de Valdoviño, da parroquia de Lago, que está a dar os primeiros pasos no mundo da música. Esta estudante do ciclo medio de Imaxe e Son, que completa a súa formación académica facendo prácticas en Radio Fene, é autodidacta no campo musical, aprendeu tocar a guitarra e grava as súas cancións na casa.

ESCOITA O PODCAST:

Cantautora. Amlenne define o seu estilo como pop alternativo, recoñece que introducirse na industria musical é difícil pero non perde o entusiasmo e conta coa complicidade da familia. Ten gravado un disco, titulado “Procesos”, que está accesible en todas as plataformas co seu anterior nome, Ameisinlore, participou nalgúns certames e protagonizou varios concertos, o máis recente o pasado sábado na festa dos maios de Canido.

Sociedade

Publica o teu comentario agora